Nun dos paraxes mais fermosos do concello de Boiro de fina e branca area atopase a praia da Ladeira, este areal é a alternativa que teñen os bañistas cando na retorta ou en cargueiros soplan ventos do sur, ventos que a limpan xa que de outros coidados moi pouco sabe este recuncho da peninsula do chazo, de extraordinaria beleza é esta peninsula, que o visitante debe percorrer comenzando polo litoral para logo subir o monte do chazo e a Gurita, mellor nesas horas cando o día apura o último suspiro, o luscofusco enrredará os sentidos tratando de retelo o momento, porque entrastes de cheo no corazón da Ría da Arousa para atraparche co feitizo do seu mar.
Un dos fitos mais relevante da reciente historia do concello de Boiro acontece no Chazo no ano 1922, ese ano sería botado o GUADAIRA, a noticia da botadura espallada polos carreteiros percorre o barbanza como algo sen precedentes, dise que por aquel entonces nunca se vira tanta xente xunta, satoito casa vellas e unha corredoira que iba dar o mar era o Chazo por aqueles anos, pero carpinteiros do asteleiro e mozas da salga que traballaban alí , facian do lugar un dos sitios con mais trafego do concello de Boiro. O Guadaira foi construido polo mestre Francisco Places Fernádez para o armador andaluz Luis de Orellana, comentase que o mesmo tempo que se construía o barco faciase unha casa para o mestre carpinteiro que os canteiros apuraban para rematar cando o barco, o barco foi botado e casa non se sabe porque, nunca se rematou. O Guadaira veleiro de tres paus, tiña 37 m. de eslora , 7.80 de manga e desprazaba 400 T.R.B., ainda hoxe na baixa mar apreciase a rampa de pedra que fixo de base para a botadura, no estaleiro do chazo traballaban naquel entonces mais de trinta homes entre carpinteiros de ribeira e calafates, aparte de serradores e carreteiros, nobre oficio este que naquel tempo, do mesmo xeito que fai hoxe internet espallaba as novas e promovía a interrelación das poboacións, non poderemos recuperar nunca os nosos carreteiros pero sí telos na memoria para esplicarlle os mais novos que houbo un tempo no que as cousas eran distintas e que a loita por acadar unha sociedade mellor implica o coñecemento e respeto polo noso pasado.
Os carreteiros e serradores de serra de aire e portuguesa desaparereceron, pero non así os mestres carpinteiros de ribeira, na ruta proposta e como non querendo separarse da súa historia, nun currucho da praia da Ladeira o Chazo verce de mestres carpinteiros de todo o barbanza acolle un estaleiro dos poucos que quedan en Galicia construindo barcos de madeira, cando se chega alí a sorpresa é enorme e crece en función da orixe do visitante que ve desbocada a súa curiosidade; si o mestre José Triñanes Domínguez home de agradable conversa e profundo coñecedor da profesión hoxe xa retirado está polo estaleiro a sorte será doble xa que será doado escoitarlle o proceso construcctivo dunha embarcación de madeira dende que o mestre carpinteiro a concibe no seu maxín ata a súa botadura, e naide mellor para explicala orixen e tipoloxía exclusiva da GAMELA DE CABO DE CRUZ hoxe xa recuperada e publicado un libro que a fai ocupar o lugar que lle corresponde dentro da rica e variada etnoloxía da ría da arousa.
A construcción de embarcacións en madeira foi e segue sendo un traballo de artesanía, como sistema tradicional de producción, contribuíu historicamente ó desenvolvemento industrial e cultural de Galicia, perde-la sabedoría dos mestres carpinteiros de ribeira sería perder parte da memoria historica deste pais, cómpre pois activar políticas na defensa deste e doutros oficios artesáns, xa que
durante moitos anos políticas equivocadas esnaquizaron o papel de achega-la sociedade en xeral, e as novas xeracións en particular, ás calidades das actividades artesás, mediante a introdución no seu contorno dos seus valores, dando a coñecelos procesos e actitudes que constituen as características esenciais dos productos artesáns, e que estan directamente relacionados co chamado consumo responsable: emprego de materias primas naturais e autoctonas, baixo custe enerxético para producir, escaso risco ambiental, non contaminación e sobre todo, a seguridade de que son productos con entidade propia.
O Chazo garda na súa memoria histórica a botadura do Guadaira, e alí naceu cal bolboreta a gamela de Cabo da Cruz, os dous fitos nacidos do maxín do gran mestre carpinteiro de ribeira que foi Francisco Places Fernández, dende aquela o apelido Places esta ligado o bo facer na arte de construir barcos de madeira, así non resulta casualidade que o mestre José Triñanes aprendera o oficio de Faustino Places, fillo de Francisco rompendo o mito de que os mestres carpinteiros só transmitian os fillos a sabedoría dun oficio con séculos de historia na súa arte, nas súas ferramentas e nos seus vocábulos, vocábulos cos que o excelente escritor e poeta Francisco Fernández naval compuxo con leixaprén esta fermosa cantiga.
Estampa, cadernas, sobrequilla
caperol, regala, remadoira,
Varenga, roda, bao.
Corredor, xunquillo, fincadoira,
peanas, barragán, bordo darriba.
Varenga, roda, bao.
Caperol, regala, remadoira,
xunquillo, agulla, fincadoira,
Varenga, roda, bao.
Peanas, barragán, bordo darriba,
paneta, pé de amigo, guías,
Varenga, roda, bao.