Esta semana remataron os traballos de reformama da nova zona expositiva do estaleiro. Os obxectivos deste proxecto, co-financiado entre os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro da Ría da Arousa, a Xunta de Galicia (Consellería do Mar) e a Unión Europea a través do Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP), baséanse en tres estratexias principais:
- A divulgación dos saberes e modos da Carpintería de Ribeira.
- O ensino desta arte ás novas xeracións.
- A recompilación e exposición do material histórico, patrimonial e etnográfico de interese cultural e marítimo.
Para levar a cabo estes obxectivos fíxose unha reforma estrutural dunha zona do estaleiro para acondicionala como zona visitable , dotouse a zona visitable de fondos patrimoniais que constan de:
- Realización de planos de disposición xeral en 3D e de planos de formas convencionais enmarcados en láminas para a exposición ó público. Estes planos foron realizados en base a entrevistas e investigacións realizadas aos propios mestres artesáns carpinteiros de ribeira, reproducindo as formas orixinais das embarcacións tradicionais galegas evitando así a perda do saber facer que aínda atesouran o poucos mestres que aínda quedan e as formas orixinais das embarcacións tradicionais galegas.
- Deseño, maquinación e impresión de 4 paneis explicativos onde se amosa a historia e as técnicas construtivas de cada embarcación.
- Construíronse dúas replicas a escala de embarcacións tradicionais: unha lancha xeiteira e unha traíña de tipoloxía única do Cabo da Cruz.
Dende Asteleiros Triñanes Domínguez estamos comprometidos co patrimonio marítimo e cultural da carpintaría de ribeira para achegar ao público a cultura mariñeira tradicional, por en valor a construción naval en madeira en canto a protección do medio ambiente e do medio mariño, preservar e por en valor o patrimonio marítimo para reforzar a identidade da zona costeira co mundo mariñeiro e potenciar o coñecemento da cultu ra tradicional mariñeira e da carpintería de ribeira.