ASTELEIROS TRIÑANES: Proxecto de deseño de novo modelo de embarcación para o sector acuícola e elaboración de molde para diversificación da actividade do asteleiro
Realización dun estudo para deseñar un novo modelo de embarcación innovadora destinada ao sector acuícola, especialmente para o mexillón, co obxetivo de diversificar a súa produción e adaptala ás necesidades e demandas actuais dos armadores.
Este proxecto debería permitir a curto prazo fomentar o cadro de persoal nunha persoa a tempo completo, e a longo prazo mesmo incrementalo nun 20%.
O proxecto localizarase no propio estaleiro onde se coordinarán todos os diferentes procesos para acadar a construcción final dun prototipo de embarcación tamén chamado ‘molde a fondo perdido’. Trátase dun prototipo que realizará un asteleiro especialista neste tipo de traballos e que consiste no deseño dun novo concepto de embarcación multicasco para a acuiltura, que ofrece aos bateeiros a posibilidade de contar cun centro de procesado de molusco innovador, seguro, eficiente e respectuoso co medio ambiente.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Reducir os custes de explotación, tanto nos do propio asteleiro como nos dos armadores, ao teren os barcos mellores prestacións facendo a ámbalas dúas partes máis competitivas.
- Diversificar a oferta e incrementar a previsión de emprego no propio asteleiro, así como no sector da acuicultura, ao facilitar a incorporación da muller ao sector.
- Coidar o medio ambiente e poñer en valor o medio polo emprego de enerxías limpas e menor uso de combustibles fósiles durante o uso da embarcación.
- Reducir porcentualmente a pegada de carbono e incrementar o emprego de enerxías limpas e renovables xa que ofrece a posibilidade de instalar a bordo placas solares e ou mini eólicas.
- Mellorar a seguridade das condicións de traballo a bordo desde o punto de vista da ergonomía.
- Facilitar a incorporación da muller a bordo mediante a creación de vestiarios independentes para hombres e mulleres.
- Mellorar as condicións de estabilidade e navegabilidade.
- Reducir a emisión de gases contaminantes mediante o uso de enerxías alternativas, reducir o consumo de enerxía ao ser un barco menos pesado, reducir os gastos de explotación poñendo en valor os refugallos xerados.
O impacto máis inmediato sobre o territorio está na propia natureza da nova actividade do astaleiro, xa que a elaboración deste novo modelo de embarcación permitirá diversificar a oferta de productos, adaptando a súa produción ás necesidades actuais dos seus clientes. Isto permitirá manter o emprego actual e mesmo incrementalo como mínimo nunha unidade máis.
As características técnicas da nova embarcación permitirán a plena incorporación da muller ao mundo da acuicultura, incidindo positivamente na preservación do emprego e a cohesión social do territorio. O proxecto aumentará a creación de emprego feminino no propio asteleiro ao ser un prototipo de barco que non vai requerir tanto esforzo físico na súa construcción como os barcos de madeira. Mellorará igualmente o incremento de mulleres que poden dedicarse ao cultivo do mexillón ao ser una embarcación con moi boas prestacións de traballo desde o punto de vista da seguridade e a ergonomía.
Fase 1. Estudo das necesidades e especificidades do sector: O estudo técnico que realizará este traballo fará unha análise pormenorizada mediante unha serie de xuntanzas, visitas a barcos e participación en xornadas técnicas co fin de ver as necesidades reais do sector da acuicultura. Para esta fase contarase coa colaboración da Asociación de Productores Mejilloneros de Cabo de Cruz.
Fase 2. Tras estudar as distintas necesidades do sector avaliaranse desde o punto de vista técnico e normativo para definir ata que punto poden ser acadadas en cada caso. A continuación, procederase ao deseño do modelo mediante equipos de realidade virtual para acadar un prototipo de embarcación a escala 1:1. Esta técnica está a ser empregada en fase experimental para deseño de automoción pero oficina técnica INGEMAR conta cunha ampla experiencia na aplicación destas ferramentas en embarcacións e buques de ata 50 metros de eslora e proxectos de máis de 40 millóns de euros. Estes sistemas amosan importantísimas vantaxes para os tres sectores no deseño de embarcaciones. O armador pode visitar a embarcación antes de ser construída e modificar todas aquelas cousas que sexan técnica e normativamente viables e o enxeñeiro pode detectar e eliminar con facilidade os erros de deseño -que os actuais deseños 3D non permiten-, detectar e comprobar rutas de montaña, comprobar a seguridade no traballo a bordo, establecer os equipos e sistemas de traballo na embarcación pensando en ergonomía e seguridade no traballo, etcétera. Nesta fase, a oficina técnica elaborará todas as especificacións técnicas do modelo e por extensión das futuras embarcacións co obxectivo de acadar a máxima eficiencia enerxética, máximo respecto do medio ambiente, máxima seguridade, e a incorporación da muller os traballos da acuiltura.
Fase 3. Nesta fase introducirase unha nova ferramenta destinada ao persoal técnico do asteleiro que permitirá a visualización do manual de montaxe en formato 3D. Trátase dunha aplicación IPAD que permite consultar a pé de obra toda información resolvendo dúbidas a reducindo os tempos de montaxe. Despois de ter realizado todo este proceso, o asteleiro poderá comezar a ofrecer un novo tipo de embarcación aos armadores.
- OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible a través du uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
- OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
- OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
- Obxectivo específico 1.2: Acadar a incorporación laboral ou profesional da mocidade e a profesionalización do sector pesqueiro.
- Obxectivo específico 2.1: Conseguir novas utilidades dos recursos e os residuos pesqueiros.
- Obxectivo específico 3.3: Reducir porcentualmente a pegada de carbono e incrementar o emprego de enerxías limpas e renovables.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)