MULTI – SERVICE ONE OFF
Para o deseño da embarcación empregaranse as máis modernas tecnoloxías de deseño por ordenador en 3D e en Realidade Virtual.
Traballarase con técnicas de realidade virtual onde se levarán a cabo as sesións de traballo cos técnicos do estaleiro. Nestas sesión de traballo avaliaranse aspectos importantes coma:
-Construción do molde.
-Instalación de equipos e sistemas a bordo.
-Habitabilidade.
-Ergonomía, seguridade e prevención de riscos a bordo.
-Visibilidade dende a ponte de goberno.
Dende o punto de vista da eficiencia enerxética, avaliaranse diferentes configuracións de sistemas propulsivos, combustibles, e levaranse a cabo análises de resistencia ao avance e comportamento no mar, cos software máis avanzados da enxeñería naval.
CONSTRUCIÓN DO MOLDE “ONE OFF”.
Unha vez que se remate o deseño do casco procederase ao deseño en 3D da estrutura que formará o molde femia onde se construirá o casco (macho)
Acrónimo:
MULTI – SEVICE ONE OFF
Tipo de proxecto: Produtivo
Tipo de proxecto: Individual
Nome e apelidos / Razón social: ASTELEIROS TRIÑANES DOMÍNGUEZ SL
Datos de interese:
Perfil empresarial: ENTIDADE PRIVADA / EMPRESARIO INDIVIDUAL
Referencia normativa: Orde do 21 de decembro de 2018 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMP 2014-2020
Convocatoria – ano: 2021
Data de aprobación: 13/08/2021
Prazo total (meses): 18
Anualidades: 2021-2022
Data fin de execución: 31/10/2022
Ámbito de aplicación: O proxecto levarase a cabo no Concello de Boiro
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 98.252,00€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 81.200,00€
Total axuda pública aprobada (€): 40.600,00€
% Subvención: 50%
FEMP (€): 34.510,00€
FEMP (%): 85%
CA (€): 6.090,00€
CA (%): 15%
Sexo promotor: Home
Idade promotor: > 40 anos
Negocio de nova creación: Non
Diversificación da actividade pesqueira: Si
Emprego creado (ETC): Si
Nº emprego creado (ETC): 1
Emprego mantido (ETC): Non
Nº emprego mantido (ETC): –
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: –
Principais obxectivos do proxecto:
O obxetivo xeral do proxecto é a diversificación na liña productiva e de negocio do estaleiro para permitir manter a actividade produtiva do estaleiro.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:
Mantemento do emprego herdado da carpintería de ribeira.
Creación de novos postos de traballo vinculados coa nova liña de traballo.
A entrada do estaleiro nunha nova liña de negocio polivalente que permitirá a construción de embarcación que dan servizo ao sector pesqueiro e ao mesmo tempo aos parques eólicos mariños
Principais actividades do proxecto:
O proxecto MULTI-SERVICE ONE OFF- Navegando o futuro, pretende dar un paso máis na diversificación da actividade do estaleiro, abordando un proxecto ambicioso e novidoso en Galicia. Trátase de deseñar un casco con vocación transformadora e de formas tronco-cónicas que se poida adaptar a múltiples servizos. A idea enmarcase dentro da tendencia do estaleiro de ofertar novos produtos tendentes a ampliar o mercado fora do ámbito local, (nicho maioritario ata o de agora), desenvolver un deseño innovador onde o casco (vaso da embarcación), poida desenvolver múltiples servizos, axudaría enormemente a posicionarse no mercado exterior con un deseño de alta calidade.
Obxectivo estratéxico da EDLP:
Apoio a diversificación dentro ou fora do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas
Obxectivo específico da EDLP:
2.2.4. Diversificación da actividade pesqueira cara o turismo mariñeiro
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: Non
Igualdade de xénero: Si
Discriminación: Non
Favorecer a inclusión social: Si
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: Si
Contribución: Crecemento azul