certificado_huella_carbonoAsteleiros Triñanes verificou a súa pegada de carbono para a fabricación e mantimento de casco para embarcacións monoscasco redondo coas seguintes dimensións:

  • ESLORA 21m. , MANGA 6,5m.,
  • PUNTAL 2m., CALADO 1,3m

A pegada de carbono é un indicador verificable que permite cuantificar as emisións de GEI (gases efecto invernadoiro) liberados á atmosfera achacables a unha organización, produto, servizo ou evento. A pegada de carbono mídese en masa (toneladas, quilos,…) de CO2 equivalente, “CO2eq” ou simplemente “CO2e”.

Os pasos que levan a cabo son:

  1. Avaliación das emisións de gases de efecto invernadoiro do ciclo de vida de servizos/produtos
  2. Avaliación das configuracións alternativas de produto, compras e os métodos de fabricación, a elección das materias primas e selección de provedores sobre a base do ciclo de vida das emisións de gases de efecto invernadoiro asociados cos bens e servizos
  3. Establecer un punto de referencia para os programas en curso encamiñadas a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro
  4. Comparar os bens ou servizos cun enfoque común, recoñecido e estandarizado para a avaliación do ciclo de vida das emisións de GEI
  5. Informe sobre a responsabilidade corporativa.

certificado_huella_carbono