NERO desenvolverá sistemas avanzados de monitorización basados en sensores embebidos non invasivos,
que permitan levar a cabo procesos de fabricación e reparación de estruturas de material composite
máis eficientes e medioambientalmente sostibles, e qué a sua vez, proporcionen información do
comportamento estrutural durante a vida en servizo das estruturas fabricadas.
A iniciativa NERO, nace da necesidade de controlar e monitorizar os procesos de fabricación,
reparación e vida en servizo de estruturas producidas en materiais compostos, un ámbito en plena
expansión e que está experimentando nos últimos anos un crecemento vertixinoso.
Os materiais compostos están considerados actualmente como uns dos materiais estratéxicos nos
procesos de fabricación do futuro, polo alto impacto funcional e de redución do peso que aportan
nun gran abano de sectores. Desta forma, os sistemas de monitorización que se desenvolverán no
proxecto contribuirán a solventar algunhas das principais barreiras para a introducción destes
materiais no contorna industrial, como son, o elevado consumo de recursos, baixos ratios de
automatización e un alto porcentaxe de rexeitamentos, o que incrementa de maneira significativa os
custes de produción.
En base a estes antecedentes, o proxecto NERO desenvolverá, mediante técnicas de monitorización ad
hoc basadas en sensores de fibra óptica e movilidade iónica, sistemas de monitorización e control
dos procesos de fabricación e reparación de composite en distintos casos de uso e sectores
industriais de relevancia en Galicia, nos que se utilizan de forma intensiva os materiais
compostos: fabricación de embarcacións (sector naval), fabricación de depósitos de almacenamento de
líquidos (sector químico) e reparación de
palas eólicas (sector das enerxías renovables). Tamén, diseñarase un sistema de monitorización do
comportamento estrutural en servizo dos depósitos de almacenamento para detectar filtracións, a
través do deseño dun sistema de alerta.
Os resultados que se esperan obter co proxecto NERO son:
▪ Establecer unha correlación robusta entre os parámetros fundamentais dos procesos de fabricación
de materiais compostos e as sinais obtidas cos sensores de fibra óptica e de movilidade iónica, que
permita medir con precisión a chegada e o grado de curado da resina.
▪ Desenvolver un software específico de monitorización a partires da correlación das sinais dos
sensores cos puntos críticos da fabricación/reparación, para ter información on-line dos procesos
de fabricación e comportamento en servizo dos compoñentes fabricados.
▪ Caracterizar mecánicamente o material composto con sensores embebidos e correlacionar as sinais
dos sensores de fibra óptica co fenómeno que esté ocurrindo no material, de cara a detectar as
microdeformacións que teñen lugar no material para monitorizar o seu comportamento en servizo, e
poder crear un sistema de alerta para detectar fugas.
▪ Xerar un sistema de alerta para a detección de fugas en depósitos de almacenamento mediante a
análise e interpretación das sinais a través de técnicas de aprendizaxe supervisado mediante
algoritmos Machine Learning.
▪ Un aforro dun 10% nos custes totais de fabricación de subcompoñentes para barcos e reparación de
palas e dun 20% na fabricación de depósitos de almacenamento de químicos corrosivos.
▪ Aforrar un 15% do consumo enerxético e reducir a emisión de compostos orgánicos volátiles, así
como do material desfeito ata un 20% nos procesos de fabricación de barcos e reparación de palas.
▪ Aforrar un 30% de consumo enerxético e reducir a emisión de volátiles, así como do material
descartado en ata un 40% nos procesos de fabricación de depósitos de almacenamento.
CONSORCIO NERO
Para afrontar este ambicioso reto, consolidouse un consorcio multisectorial de empresas galegas,
todas elas PEMEs, coas capacidades complementarias e o coñecemento necesario para cubrir toda a
cadea de valor do proxecto:
GALVENTUS SERVICIOS EÓLICOS, líder do consorcio, con ampla experiencia en procesos de inspección, mantemento, reparación e peritaxe de pezas de materiais compostos no sector eólico e que no ámbito do proxecto será usuario final do
sistema de monitorización para a reparación de palas eólicas.
ASTELEIROS TRIÑANES, asteleiro que fabrica e repara embarcacións de composite de distinta
tipoloxía (dornas, pesqueiros, auxiliares de acuicultura) e usuario final do sistema de
monitorización NERO para a fabricación de barcos. FIBERGLAS, empresa pioneira na fabricación
de produtos de poliéster reforzado con fibra de vidro, plásticos reforzados e
termoconformados e usuario final do sistema de monitorización en fabricación e comportamento en
servizo de depósitos de almacenamento de líquidos.
RESINAS CASTRO, empresa especializada na fabricación e comercialización de todo tipo de produtos
relacionados co sector dos composites e que aportará seu know-how no comportamento e monitorización
destes materiais. TECDESOFT, enxeñería especializada no tratamento de datos provintes de sistemas
sensores ou desenvolvemento de plataformas de supervisión en tempo real, para numerosos
sectores, que se encargará da integración do software de control nos sistemas de monitorización.
O consorcio conta coa colaboración de AIMEN Centro Tecnolóxico, centro especializado no deseño,
caracterización e desenvolvemento de materiais de altas prestacións, así como no desenvolvemento de
sistemas de sensorización e tratamento de datos para procesos de fabricación avanzada.
FINANCIAMENTO DO PROXECTO:
O proyecto NERO, enmarcado no programa CONECTAPEME 2018, está financiado pola Xunta de Galicia a
través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o apoio da Consellería de Economía, Emprego e
Industria e está cofinanciado con cargo a Fondos FEDER no marco do eixo 1 do programa operativo
Feder Galicia 2014-2020.