Un factor a destacar é a nosa decidida aposta pola innovación, cunha ampla trayectoria na mellora da calidade no proceso constructivo, certificacións da pegada ecolóxica (D.C.U), etc. A continuación detallamos algunha das nosas innovacións:

Pegada de Carbono

Compromiso co medio ambiente

No ano 2013 Asteleiros Triñanes verificou a súa pegada de carbono para a fabricación e mantimento de casco para embarcacións monoscasco redondo.

Tolbas

Proxecto para a construción dunha batea de alto rendemento

Este proxecto é a culminación dun estudo en común entre productores, constructores e enxeñeiros navais.

A estructura dos pónton de madeira debe de ser transversal e non lonxitudinal, co obxetivo de aumentar as posibles combinación de cordas de cultivo, aumentando así o volume total de producción por batea. Este aumento verase intensificado nas zonas onde a velocidade da corrente sexa máis baixa.

A estructura da batea estara composta por un armazón de madeira unido a flotadores, un total de seis, os flotadores en aceiro recubertos de poliéste irán colocados dous en popa, dous en proa e dous no centro e estaran unidos entre os costados mediante dúas vigas mestras cada un.

KAFLOAT

Sistema de salvamento

O kafloat é un sistema de salvamento , baseado na instalción duns contenedores en puntos estratéxicos do barco que albergan no seu interior un sistema de flotadores que en caso de pérdida de estabilidade ou flotabilidade da embarcación pode evitar o seu fundimento ou retrasalo dando máis tempo a que acudan os equipos de rescate.

Estes contedores totalmente estancos van albergados nunha cápsula cilíndrica fabricada en P.R.F.V., do mesmo escantillonado do casco e solidaria ó mesmo. Dita cápsula ten unha sobre-tapa adaptada as formas do casco, esta é co obxecto de que o dispararse o sistema non sexa un impedimento que retrase ou dificulte este, optouse por un selado non adhesivo que pode admitir filtracións de auga que en todo caso queda albergada no ínfimo oco entre a tapa do contedor e a cápsula, isto explica o babeo que se produce na tapa unha vez sacada a embarcación da auga.

Este estaleiro foi o primeiro en todo o mundo en instalar este sistema na embarcacíon “SERRA DO CAUREL”, adicada a labores de gardacostas , demostrando de novo a seu afán por integrar a tradición coas ultimas técnicas dispoñibles no mercado, tanto en materia de salvamento como en outros campos. Estes traballos foron supervisados pola Capitanía Marítima de Vilagarcía.