Os nosos bateeiros
As nosas embarcacións combinan cascos en madeira con superestructuras en poliéster, sistema “sandwich”, con tolva, hélice de proa, aparatos de navegación, sistemas de procesado do mexilón e os últimos adiantos tecnolóxicos existentes no mercado.
A estrutura do casco é de madeira, estando composto por madeira de carballo as cadernas e os elementos estruturais; a quilla, popa, tapas firmes e regala de madeira de elondo; o forrado e obra morta de sipo, de madeira de pino esta feito o forro da parte superior ; e os reforzos lonxitudinais de madeira de eucalipto.
As embarcación están construídas con técnicas de madeira laminada e estratificado en cuberta con telas biaxais e epoxis.
A superestrutura de alta resistencia esta construída con núcleo de PVC de alta comprensión e sistema “sandwich” o que permite multiplicar a resistencia da estrucura para soportar grandes cargas e ademais permite diseños innovadores e adaptados os gusto do armador.
Proceso de producción
Barco tradicional mexilloneiro
Na década dos sesenta construíronse os primeiros barcos auxiliares de acuicultura, no que ben sendo a última tipoloxía de embarcación tradicional que aportou o saber facer dos carpinteiros de ribeira Galegos o rico e extenso patrimonio marítimo flotante das costas Galegas, ata aquela os barcos auxiliares das bateas eran na súa maioría barcos pesqueiros adaptados para tal fin o que se lle acoplaba un cesto e no mellor dos caos un guindastre para adaptalos as tarefas especificas que requiría a actividade.
As características dos barcos de pesca non eran apropiadas para a labor dos mexilloeiros, pois tiñan moito calado, moito puntal e pouca manga, a partires destes requirimentos nace o bateeiro das rías baixas, un barco raso de pouco calado e moita manga forte e robusto para cargar en cuberta daquela xa entre 25 e 30 tm de mexillón.
O paso dos anos e o constante desenrolo do sector foi modificando as fasquías dos barcos e o seu tamaño ata actualidade, que son autenticas factorías flotante onde se procesa e selecciona o producto, dotados dos últimos adiantos tecnolóxicos e construídos con métodos modernos como a madeira laminada, recubrimentos epoxis para cubertas, etc…
Cabe resaltar que os barcos de madeira polas condicións inherentes o propio material teñen unhas condicións de seguridade estabilidade e navegabilidade o mais alto nivel e ademais gozan de un plus medioambiental de indudable valor, por ser a madeira unha materia prima ecoloxica e un recurso natural, renobable, reciclable, reutilizable, biodegradable e fixador de CO2. Que entronca directamente coas calidades medioambientais beneficiosaa para o medio mariño como é o cultivo do mexillón.