No anos 2012, o noso estaleiro optou ao recoñecidos Premios Nacionais de Artesanía.
Os Premios Nacionais de Artesanía teñen como finalidade dar recoñecemento institucional a aquelas actuacións recoñecidas como excelentes e exemplares no campo da artesanía contemporánea. O principal obxectivo é impulsar o desenvolvemento e a competitividade das pequenas e medianas empresas artesás españolas, incentivando a innovación, o deseño e a capacidade de adaptación ao mercado. Estes galardóns son promovidos por Fundesarte.
A Fundación Española para a Innovación da Artesanía é a organización de referencia na promoción e o desenvolvemento das empresas artesás españolas. Fundesarte é unha entidade sen ánimo de lucro de carácter estatal cuxo obxectivo é a xestión de proxectos para a incorporación da innovación no sector artesán.