Lembrando

D. Jose Triñanes Domínguez

D. Jose Triñanes Domínguez

A andadura deste estaleiro remontase ao ano 1978, data na cal mestre carpínteiro de ribeira D. Jose Triñanes Domínguez alugou unha nave na Agañan, en termos do concello de Boiro, comezando a construir embarcacións de distintas tipoloxías como dornas, lanchas xeiteiras, pesqueiros e auxiliares de acuicultura, empregando as técnicas tradicionais que aprendera sendo aínda un neno do mestre Faustino Places (experto constructor formado nos estaleiros do Garona en Francia), técnicas que máis tarde transmitiría ó seu fillo, J. Gerardo Triñanes Fernández, que continua a día de hoxe dirixindo o estaleiro.

A labor deste estaleiro caracterizouse á longo da súa historía por unha combinación de tradición e innovación, aunando as técnicas máis tradicionais de construcción coa incorporación das últimas innovacións que se produxeron no sector, tales como a utilización dos epoxis no proceso productivo, a madeira laminada, a instalación de hélices de proa… conquerindo asi unhas embarcación únicas que ofrecen as mellores prestacións e diminuen os costes de mantemento todo este proceso culmina na creación do denominado barco tradicional mexilloeiro.

A calidade e bo facer dos dous mestres artesáns que iniciaron este estaleiro fixo     posible a ampliación do mesmo, que se levou a cabo no ano 1986 coa construcción na Ladeira(Chazo-Boiro)dun novo estaleiro que conta cunha superficie útil de 2500m2.

Entrados xa no novo século a competitividade do sector antoxase insostible para a supervivencia dun proceso de producción tradicional en competitividade con outros procesos en cadea e unindo a isto a forte crise de demanda na que estaba inmerso o sector pesqueiro; o estaleiro construe una rampa-varadoiro con cabestrante para dar servicio de mantemento a todo tipo de embarcacións, diversificando asi a súa actividade e ampliando o seu nicho de mercado no sector. Con esta nova ampliación o estaleiro conta cunha superfie total útil de 3700 m2.

Jose TriñanesO estaleiro continua a súa formación e especialización en novas tecnoloxías e mesmo incorpora expertos en poliéster para levar a cabo o mantemento e a prevención da osmose nas embarcacións de poliéster, asi como abordar con maior solvencia o deseño e intalación das pontes de goberno en poliéster sobre cascos de madeira.

Seguindo ca ampliación dos servicios ofertados no ano 2002 lévase a cabo a instalación dun guindastre-torre para dar servicio ó varadoiro, manipular as madeiras do secadoiro natural, e sacar as pequenas embarcacións de recreo da auga para situalas no recinto do estaleiro, no que se realiza un peche perimetral para garantir un lugar seguro para as madeiras en proceso de secado natural e para as pequenas embarcacións.

No ano 2003 e ca idea de procurar ós seus clientes un servicio máis completo o estaleiro rompe ca tradicional barreira dos talleres artesanais (adicados exclusivamente a construcción do casco) e incorpora ás súas instalacións un taller mecánico, no cal realiza a montaxe completa das novas embarcacións (motores, maquinaria auxliar, hélices, alumbrado…) asi como o mantemento mecánico das embarcacións varadas no estaleiro. Ademais procurase ó cliente un servicio integral de xestión no que se refire á legalización de reformas, tramitación de subvencións, aporte de baixas, estabilidades , novos proxectos, etc…

En abril do ano 2007 crease a asociación galega de carpintería de Ribeira “AGALCARI “que esta conformada por tódolos estaleiros galegos con certo nivel de actividade, da cal este estaleiro e membro fundador. Dentro deste marco, o estaleiro segue a investigar e desenvolver as técnicas mais vanguardista no sector da construcción naval en madeira.