MULTI – SERVICE ONE OFF

Para o deseño da embarcación empregaranse as máis modernas tecnoloxías de deseño por ordenador en 3D e en Realidade Virtual.

Traballarase con técnicas de realidade virtual onde se levarán a cabo as sesións de traballo cos técnicos do estaleiro. Nestas sesión de traballo avaliaranse aspectos importantes coma:

-Construción do molde.

-Instalación de equipos e sistemas a bordo.

-Habitabilidade.

-Ergonomía, seguridade e prevención de riscos a bordo.

-Visibilidade dende a ponte de goberno.

Dende o punto de vista da eficiencia enerxética, avaliaranse diferentes configuracións de sistemas propulsivos, combustibles, e levaranse a cabo análises de resistencia ao avance e comportamento no mar, cos software máis avanzados da enxeñería naval.

CONSTRUCIÓN DO MOLDE “ONE OFF”.

Unha vez que se remate o deseño do casco procederase ao deseño en 3D da estrutura que formará o molde femia onde se construirá o casco (macho)

 

Acrónimo: 

MULTI – SEVICE ONE OFF

Tipo de proxecto:  Produtivo

Tipo de proxecto:  Individual

Nome e apelidos / Razón social:  ASTELEIROS TRIÑANES DOMÍNGUEZ SL

Datos de interese: 

Perfil empresarial: ENTIDADE PRIVADA / EMPRESARIO INDIVIDUAL

Referencia normativa:  Orde do 21 de decembro de 2018 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMP 2014-2020

Convocatoria – ano:  2021

Data de aprobación:  13/08/2021

Prazo total (meses):  18

Anualidades:  2021-2022

Data fin de execución: 31/10/2022

Ámbito de aplicación:  O proxecto levarase a cabo no Concello de Boiro

Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable):  98.252,00€

Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 81.200,00€

Total axuda pública aprobada (€): 40.600,00€

% Subvención:  50%

FEMP (€):  34.510,00€

FEMP (%):  85%

CA (€):  6.090,00€

CA (%):  15%

Sexo promotor:  Home

Idade promotor:  > 40 anos

Negocio de nova creación:  Non

Diversificación da actividade pesqueira: Si

Emprego creado (ETC):  Si

Nº emprego creado (ETC): 1

Emprego mantido (ETC):  Non

Nº emprego mantido (ETC):   

Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 

 

Principais obxectivos do proxecto: 

O obxetivo xeral do proxecto é a diversificación na liña productiva e de negocio do estaleiro para permitir manter a actividade produtiva do estaleiro.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Mantemento do emprego herdado da carpintería de ribeira.

Creación de novos postos de traballo vinculados coa nova liña de traballo.

A entrada do estaleiro nunha nova liña de negocio polivalente que permitirá a construción de embarcación que dan servizo ao sector pesqueiro e ao mesmo tempo aos parques eólicos mariños

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto MULTI-SERVICE ONE OFF- Navegando o futuro, pretende dar un paso máis na diversificación da actividade do estaleiro, abordando un proxecto ambicioso e novidoso en Galicia. Trátase de deseñar un casco con vocación transformadora e de formas tronco-cónicas que se poida adaptar a múltiples servizos. A idea enmarcase dentro da tendencia do estaleiro de ofertar novos produtos tendentes a ampliar o mercado fora do ámbito local, (nicho maioritario ata o de agora), desenvolver un deseño innovador onde o casco (vaso da embarcación), poida desenvolver múltiples servizos, axudaría enormemente a posicionarse no mercado exterior con un deseño de alta calidade.

 

Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Apoio a diversificación dentro ou fora do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas

Obxectivo específico da EDLP: 

2.2.4. Diversificación da actividade pesqueira cara o turismo mariñeiro

 

Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático:  Non

Igualdade de xénero: Si

Discriminación:  Non

Favorecer a inclusión social:   Si

Contribución aos retos dos GALP cara o 2020:  Si

Contribución:   Crecemento azul